vozeiro da assembleia de estudantes da faculdade de ciências da comunicaçom
quinta-feira, 27 de dezembro de 2007
Xornadas de contra(in)formación
Tódolos días tratamos coa "información" sen decatarnos de que esta é un arma demasiado poderosa que cada vez máis sirve aos intereses dunha minoría que se enriquece grazas á desinformación. É hora de contracomunicar! Desinfomaron a información e agora tócanos contrainformar! Para isto, achegaránse á nosa facultade experiencias informativas fronte ao ruído dos mass-media. Aprenderémos cómo facerlle fronte á desinformación, descubriremos a realidade que se nos intenta agochar e, sobre todo, comprenderemos que isto é unha tarefa que temos que facer entre tod@s porque o inimigo é xigastesco e porque podemos!
A Asemblea de estudantes de Ciencias da Comunicación é unha asemblea aberta a tod@s @s estudantes desta facultade. Por este motivo, non está suxeita a ningunha organización política.
Nace coa intención de informar e posicionarse en contra dun proxecto que consideramos inxusto e abusivo: o plano de Boloña.
A Asemblea cre que é importante tratar os problemas que a reconversión do sistema universitario provocará nas licenciaturas de Xornalismo e Comunicación Audiovisual, e facelo desde dentro, @s propi@s afectad@s.
Tamén queremos realizar outras actividades no eido da autoformación xa que consideramos que os planos de estudo das nosas licenciaturas exclúen contidos interesantes e moi importantes por non axustarse a unha visión de mercado.
Invitámosvos a participar, porque non tedes nada que perder e sí moito que gañar! ACHÉGATE E COMPRÓBAO!
Nenhum comentário:
Postar um comentário