quinta-feira, 27 de dezembro de 2007

Xornadas de contra(in)formación

Tódolos días tratamos coa "información" sen decatarnos de que esta é un arma demasiado poderosa que cada vez máis sirve aos intereses dunha minoría que se enriquece grazas á desinformación. É hora de contracomunicar! Desinfomaron a información e agora tócanos contrainformar!
Para isto, achegaránse á nosa facultade experiencias informativas fronte ao ruído dos mass-media. Aprenderémos cómo facerlle fronte á desinformación, descubriremos a realidade que se nos intenta agochar e, sobre todo, comprenderemos que isto é unha tarefa que temos que facer entre tod@s porque o inimigo é xigastesco e porque podemos!