Desde o día 16 ao 20 o novo alumnado estivo a visitar as UXA para matricularse no curso 2007/08. Nestes días, membr@s da Coordenadora realizaron unha labor informativa sobre o EEES.
A Asemblea de estudantes de Ciencias da Comunicación é unha asemblea aberta a tod@s @s estudantes desta facultade. Por este motivo, non está suxeita a ningunha organización política.
Nace coa intención de informar e posicionarse en contra dun proxecto que consideramos inxusto e abusivo: o plano de Boloña.
A Asemblea cre que é importante tratar os problemas que a reconversión do sistema universitario provocará nas licenciaturas de Xornalismo e Comunicación Audiovisual, e facelo desde dentro, @s propi@s afectad@s.
Tamén queremos realizar outras actividades no eido da autoformación xa que consideramos que os planos de estudo das nosas licenciaturas exclúen contidos interesantes e moi importantes por non axustarse a unha visión de mercado.
Invitámosvos a participar, porque non tedes nada que perder e sí moito que gañar! ACHÉGATE E COMPRÓBAO!